Senda fluvial das Painceiras

Na parroquia de Bermui (concello de As Pontes) atopamos esta senda fluvial que segue o curso do rego das Foxas que desemboca no Eume. Discorre baixo unha magnífica fraga, que nesta época aínda ten as súas árbores espidas, e por un percorrido cómodo, agás a carón das fervenzas, onde pode resultar perigoso. No inicio da senda un pequeno letreiro de madeira indica "fervenza e muiños" e ao pouco xa atopamos o primeiro muiño.
Poucos metros máis adiante , ao outro lado do rego, atopamos o segundo, xa na parte onde comeza a caída da fervenza. Uns metros de subida e un letreiro recorda o perigo da baixada ata a fervenza e os outros dous muiños. Hai que ter coidado!, pero o que atopamos é unha fermosura!.
Desta volta non seguimos a senda ata o río Eume, pero é unha opción que merece a pena.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar