Racamonde- O Forgoselo
A serra granítica do Forgoselo está integrada na Zona de Especial Conservación Río Xubia-Castro da Rede Natura 2000.
O Pico Racamonde, situado na parroquia de Narahío- San Sadurniño, é un miradoiro natural a unha altura de 540m dende o que observamos o golfo Ártabro, dende As Sisargas ata A Capelada, montes da Faladoira, etc.
A ZEC Xubia-Castro está incluída na Rexión bioclimática atlántica, ten unha superficie de máis de 2000 hectáreas e esténdese polos concellos da Capela, As Pontes, As Somozas, Moeche, Narón Neda e San Sadurniño.
Racamonde- orixe visigoda, xermánica de Reccamundi ou Recamundus ( vila de Reckimundo)
Comentarios
Publicar un comentario