Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2025

Os nosos ríos

Imaxe
Nos días de moita calor un paseo á beira do río, baixo a sombra das árbores de ribeira, é unha gozada. No "país dos mil ríos" temos tantos para elexir que sempre atoparemos unha senda fluvial que nos conveña. Os nosos favoritos son: o Eume , o Belelle , o Xubia , o Castro , o Sor , o Mera , o Mandeo ,...con variadas rutas, sendas, fragas, fervenzas, muíños, áreas recreativas, etc., para disfrutar. Cales son os teus favoritos?

Praia de Morouzos-Cabalar e lagoa de S. Martiño

Imaxe
Fermosa camiñata polo extenso areal de Morouzos-Cabalar en Ortigueira . Encantounos recorrer as sendas que levan ata a praia, a marisma, ás dunas, ou baixo a sombra sombra do gran piñeiral,... As vistas da ría son espectaculares! Nunha pequena depresión está a lagoa de S. Martiño , con varias sendas de madeira que nos levan a pequenos miradoiros no seu perímetro. É unha lagoa estacional e, hai décadas, foi o vertedoiro do concello. Despois dun gran traballo de recuperación do espazo natural, hoxe a flora e a fauna son os donos do lugar. Paraísos do norte de Galicia!