Publicacións

Castiñeiros

Imaxe
A arquitectura popular é unha das miñas debilidades e a súa integración no entorno penso que é primordial. Canta beleza pode gañar unha costrución moi sinxela co aporte dun entorno natural acorde con ela. Esta fermosura de casa non sería o mesmo sen ese magnífico castiñeiro que a acompaña e protexe. Nas aldeas galegas, rara era a casa que non tiña na horta algún castiñeiro para surtir á familia de castañas, ou rara era a casa na que non había mobles desta madeira. Na nosa comunidade temos exemplares ben antigos destas árbores e as súas cañotas dan fé da importancia que tiñan para nós e da protección que lles debemos.

Muiño da Ponte do Norte

Imaxe
A carón do río Grande está este fermoso muiño da Ponte do Norte , no concello de Moeche . O toelo ou pedra de Moeche ( serpentinita ) luce e adorna o edificio do muiño e a vivenda adosada. Beleza da arquitectura popular!

Mañá de novembro en Seselle

Imaxe
Novembro está sendo un mes de alertas por ventos e choivas, pero sempre hai calmas entre os frentes que deixan disfrutar dos paseos. Onte tocou ao lado da casa, na praia de Seselle . Os ceos están espectaculares tanto de día cunha luz fermosísima, coma nas noites con auroras boreais ou nos sorprendentes solpores pintados de cálidas e brillantes cores. Afortunados de vivir nun paraíso!

Formariz en novembro

Imaxe
A área recreativa de Formariz , a carón do Belelle , no concello de A Capela , é un deses fermosos lugares que nunca nos cansamos de visitar. En calquera estación do ano, a natureza deste recuncho é un bálsamo para o espíritu.

A carón do río Narla

Imaxe
No concello de Friol , a carón do río Narla , está este fermoso paseo fluvial cheo de fermosos recunchos e espazos que aproveitan a beira ro río para o disfrute de veciños e visitantes. Agora no outono está espectacular! Fronte ao Clube Fluvial, nun pequeno outeiro hai unha recreación dun castro galaico, o Castro Friulio , onde no mes de maio as xentes deste concello organizan unha festa de recreación histórica da vida castrexa que é todo un éxito. Moi recomendable!