Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

Noite de S. Xoán

Imaxe
A noite de S. Xoán , en Galicia é unha noite máxica , chea de tradicións que perduran no tempo: as fogueiras do lume novo que enchen as vilas e aldeas e que hai que saltar un número impar de veces para que sexan purificadores os seus poderes, os ramos de flores que se colgan no exterior das casas para protexelas das meigas que esta noite están especialmente tolas, a auga purificadora que se prepara coas sete herbas (variables según os lugares) para lavarse ao mencer, as ceas comunitarias arredor das fogueiras con sardiñas asadas, cachelos, pan de millo, a festa e a troula desta noite, ... Fermosas tradicións que forman parte do patrimonio inmaterial de Galicia que conservamos con orgullo e festexamos ano tras ano. As fogueiras, se hai unha praia cerca adoitan facerse nela, pero poden facerse noutros lugares: na horta, nun solar, nunha eira, nun camiño pouco transitado,...

Miradoiro de Pena Furada

Imaxe
Na marabillosa costa de Loiba , en Ortigueira ,está este miradoiro de Pena Furada dende o que temos unhas magníficas perspectivas desta costa e das moitas praias e ribeiras virxes que a conforman. O mar e o vento erosionan esta costa creando formas sorprendentes e moi fermosas. As baixadas a estas praias non son moi doadas, pero ben merecen o esforzo. Paraísos das nosas costas!

Viaxe gastronómica

Imaxe
Coñecer e degustar a cociña local podemos considerala unha experiencia sensorial e tamén cultural. Na gastronomía identifícase a identidade e a autenticidade do lugar que visitamos. En Galicia temos unha gastronomía variada con produtos do mar e da terra de gran calidade , elaborados con técnicas tradicionais ou actuais, para que a parte gastronómica sexa un aspecto importante das nosas viaxes polo norte de Galicia.

A praia de Chanteiro sempre unha boa opción!

Imaxe
Neste comezo de xuño xa se pode empezar a disfrutar de momentos de praia. A praia de Chanteiro é unha das moitas e fermosas praias e calas que ten o concello de Ares , e ao resultar tan difícil elexir unha delas, o mellor é ir variando e disfrutar de todas!