Miradoiro de Pena Furada
Na marabillosa costa de Loiba, en Ortigueira ,está este miradoiro de Pena Furada dende o que temos unhas magníficas perspectivas desta costa e das moitas praias e ribeiras virxes que a conforman. O mar e o vento erosionan esta costa creando formas sorprendentes e moi fermosas.
As baixadas a estas praias non son moi doadas, pero ben merecen o esforzo. Paraísos das nosas costas!
Comentarios
Publicar un comentario