De Seselle a Seselle

Un día buscando fotos na rede da antiga escola de Seselle , atopei esta foto do CIN de Bretoña . E tirando do fío, descubrín que ademais do noso Seselle de Ares (A Coruña), hai un Seselle en A Pastoriza (Lugo) e outro en Oza-Cesuras (A Coruña). Pensei que había que coñecelos e busquei máis información. Comezamos co Seselle de Lugo. É unha aldea da parroquia de Bretoña ( A Pastoriza ). O centro desta parroquia, levantado sobre un antigo castro é un centro urbano que mestura o rural e o indiano. No centro da praza principal, chama a atención a estatua do bispo Mailoc . Personaxe ligada á historia dos bretóns chegados ata aquí no s.VII e fundadores da antiga Britonia . A carón da praza está o interesantísimo Centro de Interpretación de Bretoña , nun fermoso edificio recuperado polo concello. Nas tres plantas do CIN atopamos ampla información da historia do Bispado Britoniense e de Mailoc , da prehistoria da Pastoriza, da arqueoloxía de Bretoña, fotografías antigas do conce...