Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

Ribeira do Bispo

Imaxe
A ribeira do Bispo , a carón do río Sor , é un lugar mergullado nun frondoso bosque atlántico de ribeira. Dende aquí pódese facer a camiñata ata Augas Caídas , ou simplemente disfrutar do fermoso entorno do río e o bosque. Dispón de área recreativa con refuxio de pescadores nun antigo muiño. Na terra dos mil ríos sempre hai recunchos que descubrir!

Costeando no cabo Prior

Imaxe
A costa Ártabra é un cofre cheo de tesouros que hai que ir descubrindo pouco a pouco. Na costa norte do cabo Prior , polo estrada que nos leva ata o faro e as antigas baterías costeiras, podemos coñecer algúns destes tesouros. Preto da cetárea está a cala e o pequeno porto da Coba , e máis adiante a pequena cala do Cabaliño . Se gustamos de andar nas ribeiras e descubrir pequenas calas, esta costa é perfecta.

As ribeiras da costa de Ares

Imaxe
O concello de Ares é a punta da península de Bezoucos e tamén é o concello con máis costa dos catro que conforman esta península ( Cabanas , Fene , Ares e Mugardos ). Nesta costa atopamos areais, praias, calas, cons, puntas, illas, ribeiras,... e unha talasonimia moi rica que temos que preservar. O Bonete do Cura é unha cala pequerrecha da costa norte de Ares , na entrada da ría de Ferrol , que ten unha baixada case oculta entre a vexetación, e que case semella unha cala dunha illa deserta. Destas ribeiras contábame a miña avoa que os seus irmáns de mozos collían paxes cheos de marisco nas pozas que deixaba a baixamar; tamén contaba anécdotas de cando viñan o grupo das mariscadoras de Chanteiro ás ameixas do banco marisqueiro preto de castelo de A Palma . Heroínas estas mulleres que se erguían ao mencer, viñan andando dende Chanteiro para pasar a mañá mariscando, vender logo a ameixa e voltar cos cartos no peto, andando outra vez monte arriba, para logo baixar ata C...

Polos montes de Ourol

Imaxe
Ourol é un dos concellos que visitamos frecuentemente cando buscamos montes e alturas dende os que otear amplos horizontes nos que sorprenden pequenos rueiros espallados entre montañas e vales. Desta volta, achegámonos ata a parroquia de Xerdiz , cun igrexario no que parece que o tempo parou! A gran igrexa rodeada do camposanto habaneiro, a vella casa reitoral, o fermoso cruceiro, o campo da festa,.., todo fala doutro tempo pasado, rodeados de silencio...