Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

Praia de Seselle en febreiro

Imaxe
Aínda que está moi preto da casa, a beleza da praia de Seselle segue impactándome. Estes paseos de inverno pola praia solitaria enchen de calma o espíritu e son unha fonte de saúde tanto física coma mental. Hai que disfrutalos!

A carón do río Baxoi

Imaxe
Desta volta achegámonos a carón do río Baxoi na área recreativa do muiño das Ferreñas(Vilarmaior) . O río aquí tamén desbordou días atrás e agora aínda vai bastane medrado. Esta área recreativa ten o pequeno muiño do s.XVIII , un fermoso lavadoiro, pequeno parque infantil e dúas amplas zonas con mesas, bancos e barbacoas. Magnífica área para descansar despois de recorrer as sendas do val de Doroña .

Refuxio de Ulló

Imaxe
Onte seguimos (en coche) ao río Sor no seu percorrido dende Ambosores ata o refuxio de Ulló en Ribeiras do Sor(Mañón) . A estreita estrada estaba chea de restos de vexetación arrincada polas borrascas destes días, pero a viaxe transcurriu sen incidentes. Unha paradiña na fermosa área recreativa de Ulló para achegarnos á beira do río a observar de preto a enchenta do río. A tope de auga!

Moita auga

Imaxe
Coas numerosas borrascas que nos chegan, asociadas a avisos por precipitacións, están os ríos desbordados ou en risco de desbordamento. Achegarse a calquera deles, sexa nas súas beiras, fervenzas, encoros,...é un espectáculo. O encoro do Eume desbordando.

Entre borrasca e borrasca

Imaxe
Empezamos febreiro do mesmo xeito que rematou xaneiro: borrascas sucesivas con alertas por vento, precipitacións, etc. Hai que aproveitar as pequenas calmas que hai entre frentes para facer algunha escapadiña e dar pequenos paseos polos arredores. A nosa contorna ben o merece. Aínda que coñecida, sempre hai eses momentos de dicir ou pensar: "Que fermosura!" Neste caso, foi a praia do Río en Meirás a que provocou o comentario.