Refuxio de Ulló
Onte seguimos (en coche) ao río Sor no seu percorrido dende Ambosores ata o refuxio de Ulló en Ribeiras do Sor(Mañón). A estreita estrada estaba chea de restos de vexetación arrincada polas borrascas destes días, pero a viaxe transcurriu sen incidentes. Unha paradiña na fermosa área recreativa de Ulló para achegarnos á beira do río a observar de preto a enchenta do río.
A tope de auga!







Comentarios
Publicar un comentario