Dende O Pieiro , sobre cabo Prioriño , a perspectiva do Golfo Ártabro é magnífica, xa que podemos observar perfectamente o arco do golfo dende Malpica ata Cabo Prior . Cun tempo algo borrascoso, as vistas seguen sendo espectaculares. Podemos apreciar o cabo Prior , as entrada da ría de Ferrol , Montefaro coa praia de Chanteiro aos seus pés, a entrada das rías de Ares, Betanzos e A Coruña , coa súa torre de Hércules algo confundida entre os edificios, o porto de Langosteira , Caión e Malpica coas Sisargas rematando o golfo polo sur. Ramón Otero Pedrayo deu esta denominación de Golfo Ártabro a esta costa que se correspondería co Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos grecorromanos. Nel están as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña . Se nos achegamos a Prioriño Chico , perdemos algo de perpectiva, pero estamos a carón do mar. Por outra banda, denomínase Costa Ártabra a un espazo natural declarado zona de especial conservación que abrangue os concellos d...