Montaña, por favor!

Cando sentimos a necesidade da montaña, dos cumes solitarios, dos paraños, dos profundos vales sucados por ríos ou regatos, do frío aire batendo no corpo, do silencio (roto as máis das veces polos aeroxeneradores),...collemos a vía rápida ata As Pontes ou Muras, Ourol ou xa directamente ata O Xistral, e despois, por estradas secundarias ou simples pistas, "perdémonos" entre montes e vales. Sempre hai algo sorprendente que chame a atención e nos faga parar ao seu carón. Pode ser un mirador dende o que otear uns horizontes grandiosos, salpicados de pequenos rueiros vellos e posiblemente abandonados.
Pode ser unha serie de cruces de pedra espalladas polos camiños que nos falan de vellas tradicións ou supersticións. Un patrimonio humilde pero importante e fermoso, que moitas veces mostra abandono.
Pode ser unha das moitas marabillas que temos na nosa terra!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso