Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Muiño da Ponte do Norte

Imaxe
A carón do río Grande está este fermoso muiño da Ponte do Norte , no concello de Moeche . O toelo ou pedra de Moeche ( serpentinita ) luce e adorna o edificio do muiño e a vivenda adosada. Beleza da arquitectura popular!

Mañá de novembro en Seselle

Imaxe
Novembro está sendo un mes de alertas por ventos e choivas, pero sempre hai calmas entre os frentes que deixan disfrutar dos paseos. Onte tocou ao lado da casa, na praia de Seselle . Os ceos están espectaculares tanto de día cunha luz fermosísima, coma nas noites con auroras boreais ou nos sorprendentes solpores pintados de cálidas e brillantes cores. Afortunados de vivir nun paraíso!

Formariz en novembro

Imaxe
A área recreativa de Formariz , a carón do Belelle , no concello de A Capela , é un deses fermosos lugares que nunca nos cansamos de visitar. En calquera estación do ano, a natureza deste recuncho é un bálsamo para o espíritu.

A carón do río Narla

Imaxe
No concello de Friol , a carón do río Narla , está este fermoso paseo fluvial cheo de fermosos recunchos e espazos que aproveitan a beira ro río para o disfrute de veciños e visitantes. Agora no outono está espectacular! Fronte ao Clube Fluvial, nun pequeno outeiro hai unha recreación dun castro galaico, o Castro Friulio , onde no mes de maio as xentes deste concello organizan unha festa de recreación histórica da vida castrexa que é todo un éxito. Moi recomendable!

Temporal de novembro en Chanteiro

Imaxe
Por que resulta sempre tan atractivo o mar? A súa beleza é case hipnótica; estea en calma ou embravecida observar o ritmo e a forza das súas ondas é un espectáculo prodixioso que lle senta moi ben aos nosos sentidos. Aproveitando o tren de borrascas destes primeiros días de novembro achegámonos ata a praia de Chanteiro para, unha vez máis, ficar abraiados coa panorámica que ven os nosos ollos. " Chanteiro , onde o Atlántico goza" é o slogan que usamos para presumir desta praia e o seu entorno. As imaxes mostran que non é esaxerado!

Cabo Ortegal

Imaxe
Sempre é unha boa idea achegarse a contemplar o Atlántico en cabo Ortegal . Dende a plataforma onde está o seu faro os elevados cantís e os Aguillóns chaman a atención. Este faro de cabo Ortegal podemos dicir que é "noviño", xa que se rematou no ano 1984. O Xeoparque Cabo Ortegal , conta con tantos atractivos que poderemos completar a visita cunha chea de posibilidades.