Praia de Seselle: relax.
A praia é un dos mellores lugares para aliviar o estrés e acadar a calma. De feito é recomendable ir á praia regularmente para conseguilo. O ritmo das ondas, o seu movemento e son, inflúen nos nosos ritmos internos producindo un efecto calmante. Os que temos a fortuna de vivir preto dunha praia e podemos ir camiñando ata ela pola mañá cedo, cando somos pouco máis dunha ducia de persoas disfrutando dela: uns camiñando, outros correndo, nadando, pescando, facendo ioga, etc, somos uns privilexados. Chegar ata as escaleiras que baixan á praia das Regueiras en Seselle , e facer unha paradiña para marabillarme coa paisaxe da ría de Ares sempre é o comezo da miña sesión de relax. Non importa que o ceo estea cuberto ou despexado, non importa a estación do ano,... disfrutar dos espazos naturais amplos aporta tranquilidade e serenidade. Debemos vivir de maneira moderada, sendo máis conscientes das verdadeiras necesidades buscando o noso lagum persoal.