Nas comarcas marítimas do Golfo Ártabro hai unha gran densidade de igrexas románicas na súa orixe, con maior ou menor cantidade de elementos arquitectónicos engadidos posteriormente, que conforman unha ruta moi interesante para visitar. Un pouco apartada do Golfo Ártabro, pero merecendo estar na ruta, visitamos a igrexa de Sta. María de Doroña . Sta. María de Doroña , no concello de Vilarmaio r, é unha igrexa románica rural do ano 1163, aínda que se constrúe sobre outra anterior á que un documento datado no 953 menciona coma unha doación ao bispo S. Rosendo e aos monxes de Celanova. Presenta a acostumada orientación Leste-Oeste; ten unha soa nave rectangular e unha ábsida semicircular cun tramo recto. Os contrafortes marcan os tramos da nave e varias saeteiras ademais doutras ventás posteriores iluminan o interior. A ábsida baixo a cornisa ten fermosos caneciños e as metopas entre eles están decoradas con grandes flores. A parte norte da ábsida así coma dúas das tres saete...