Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Outono e castiñeiros

Imaxe
Coa chegada do outono os castiñeiros nas hortas ou nos soutos traen fartura; as castañas van estar moi unidas ás celebracións populares desta estación: os magostos , o Samaín , Defuntos ,... Quen non lembra da súa nenez os colares de zonchos , as castañas cocidas acompañadas de mariquitas , as castañas asadas ,... Unha época do ano chea de ritos e tradicións, seguramente milenarias, que en Galicia conservamos.

Os nosos muiños

Imaxe
Nesta terra do norte de Galicia , achegándote a un curso de auga, aínda que sexa pequeno, atoparás un muiño (polo menos). No país dos milleiros de ríos e regos, lóxicamente non poden faltar os milleiros de muiños ao seu carón, esperando as súas augas para lembrar cal era a súa función. A maioría deles esmorecendo entre fietos e hedras, soñando con tempos pasados, cando os veciños facían as muiñadas e as risas e cantigas dun pobo enchían os seus días. Dá magoa ver estes tesouros neste estado de abandono. Coa chegada do outono parecen estar máis sós. (Muiño de Vilariño- A Capela).

Vivenda tradicional

Imaxe
As nosas aldeas gardan pequenos tesouros da arquitectura popula r. Nuns casos ben conservados, o que supón unha delicia a súa contemplación, e noutros nun estado de abandono de dá mágoa velos. Nas nosas excursións polo norte de Galicia sempre atopamos pequenas xoias da arquitectura tradicional que non podemos evitar fotografar. Tesouros que temos que mimar e conservar.

Por terras altas

Imaxe
Os concellos lugueses de Muras e Ourol son os que máis adoitamos visitar cando nos apetece montaña. Este percorrido de Viveiró ata Xerdiz , seguindo as terras polas que baixa o Landro , facémolo con bastante frecuencia, ben pola estrada CP-3804 ou pola CP-6502. As estradas son estreitas, pero case sen tráfico, e as paisaxes que nos rodean merecen a pena. Pequenas paradas permítennos observar con máis detalle as aldeas e rueiros polos que pasamos. Tesouros do norte de Galicia!

A carón do río Condomiñas

Imaxe
Na fermosa vila de Cedeira está esta fermosa senda fluvial a carón do río Condomiñas , perfecta para un paseo cómodo de baixa dificultade para todas as idades. Con marea alta, a desembocadura está moi fermosa. As imaxes falan por si soas. Cedeira tamén é un paraíso!

Costa Ártabra

Imaxe
A costa Ártabra está chea de fermosos recunchos. Hai tanto que ver e descubrir ou redescubrir, que moitos dos nosos paseos son por ela: praias, cantís, areais, lagoas,... Nesta ocasión un anaco da costa de Valdoviño. Paraísos do norte!

Terras altas do Eume

Imaxe
O río Eume nace na xuntanza dos regos do Lamoso o o das Toxeiras (que neste punto xa leva recorridos máis de 2.250KM), na Serra do Xistral , na parroquia de Montouto do concello de Abadín . Nos seus 80Km de lonxitude pasará polos concellos de Muras , Xermade , As Pontes , Monfero , A Capela , Cabanas e Pontedeume , ata chegar ao mar na ría de Ares . Neste paseo polas terras altas do Eume , partimos de Invernés(Muras) despois de cruzar a ponte sobre o río, e seguiremos pola estrada, que case sempre moi preto del, nos levará ata A Laxe en Montouto(Abadí n), para ver o seu nacemento. Unha estrada de montaña moi tranquila, con paisaxes variadas e ben fermosas. Seguimos pola estrada que leva ao parque eólico de Montouto e Fiouco e xa vemos o pequeno río aparecer entre dous montes. Unha longa viaxe espéralle ata chegar ao mar. Dende o alto do parque as serras do Xistral e a da Toxiza destacan na inmensidade de paisaxe que podemos contemplar neste serán de finais de sete...