Publicacións

Monte Ancos

Imaxe
Polos historiadores romanos sabemos que estes chegaron a Galicia uns 150 anos a.C., e que, pouco a pouco, foron invadindo todo o territorio aínda que a cultura castrexa durou ata os séculos III- IV d.C.. Estes historiadores romanos describen a nosa costa coma unhas terras surcadas por varios ríos e habitadas polos ártabros . Estrabón fala do "Portus Magnus Artabrorum" . O xeógrafo Pomponio Mela menciona o río Ivia(Xubia) e tanto el coma Ptolomeo sitúan por esta zona de Ferrolterra a cidade de Libunca , o poboado ártabro máis importante desa época. A posible ubicación desta antiga cidade, da que hai moitas referencias, pero ningunha certeza do seu lugar exacto podería ser, según varios autores, o castro do monte Ancos , no concello de Neda . Esa "antiga cidade do monte" da que falan textos medievais, actualmente está moi destruida. Os poucos restos que quedan, entre eles as dúas murallas, están ocultos por terra e maleza. Nos anos 70 do século pasado aínda o...

Miradoiro Chao do Monte

Imaxe
Unha escapadiña ata A Capelada , en calquera época do ano cun día craro, é unha boa idea. Neste caso ata o miradoiro en Cedeira de Chao do Monte . Cos 360m de altura deste miradoiro, as vistas impresionantes do Atlántico, S. André de Teixido, os cantís de Herbeira, o xardín pétreo no miradoiro,... Unha gozada de paraíso en febreiro !

Momentos

Imaxe
Eses momentos que quedan gravados na memoria! Un paseo pola praia de Seselle-Raso unha tarde de febreiro pode proporcionarnos moitos deses momentos. A inmensidade do areal ofrecendo toda a beleza do inverno na ría de Ares . O can, gardián da praia, controlando a ría. A beleza da costa de Bezoucos é moita!

Castelo de Naraío

Imaxe
En realidade son as ruinas dun castelo, nun rochedo á beira do río Castro en Naraío , no concello de San Sadurniño . Os documentos máis antigos din que o castelo de Naraío pertencía a Gonzalo Pineyro, señor de Naraío e partidario de Pedro I nas súas loitas fraticidas con Enrique de Trastamara , o cal ao subir ao trono arrasará o castelo e cederallo aos Andrade , ata que en 1466 foi destruido por Afonso Lanzós durante as Revoltas Irmandiñas . Na actualidade pertence á Casa de Alba , cedido por uns anos ao concello. A torre homenaxe é o que mellor se conserva, pero a pesares de todo, ben merece unha visita polas vistas e o entorno. Moi preto, no mesmo río Castro está a fervenza de Naraío e ao carón do castelo pasa a ruta dos Sendeiros do río Castro.

Calas de S. Felipe

Imaxe
En S. Felipe están estas tres calas paradisiacas, moi preto do castelo de S. Felipe : a cala do Castelo , a cala da Caseta e a cala do Almirante que ten unha rampa semiderruida. Ante tanta beleza non sabería escoller ou recomendar unha; hai que visitalas todas. Paraísos ben preto!