O Freixo
San Xoán do Freixo é unha parroquia do norte do concello das Pontes, a parroquia máis extensa do obispado Mondoñedo-Ferrol, pero moi despoboada na actualidade, con pouco máis de medio cento de habitantes, cando a comezos do século XX tiña cerca do milleiro. É unha parroquia de montaña, co monte Caxado marcando a máxima altura, situada entre os ríos Mera e Sor e atravesada por moitos regos que desembocan nestes ríos. A igrexa parroquial de S. Xoán, que chama a atención polo seu tamaño, foi fundada polos condes de Montenegro no s. XVII. O Campanario forma parte do pórtico que enmarca a porta principal. Frente a igrexa hai un fermoso cruceiro e, a poucos metros, outro máis antigo. Nun muro exterior hai un osario do 1868 cunha inscrición ilexible. Preto da igrexa está o cemiterio vello e a antiga escola fundada no 1928 polos veciños emigrados a Cuba. Pouco máis de media ducia de casas rodean este núcleo no que hai anos celebrábase unha feira mensual e no que na actualidade se ...