Publicacións

O encoro do Eume desbordando.

Imaxe
Este é o aspecto que presenta o encoro do Eume nestes días de finais de maio. O espectáculo da auga!

Primavera

Imaxe
       ... Salid a encontrarla por esos caminos. ¡Va loca de soles y loca de trinos! Doña Primavera de aliento fecundo, se ríe de todas  las penas del mundo...       ...   Os versos de Gabriela Mistral que acuden á mente ante o espectáculo que nos brinda a natureza nun camiño de Seselle ...

Encoro de As Forcadas

Imaxe
As Forcadas é o encoro situado no concello de Valdoviño que abastece de auga aos concellos de Valdoviño , Ferrol , Fene , Narón , Ares e Mugardos . Despois destas semanas de abundantes chuvias está rozando o cen por cen da súa capacidade e luce así de espectacular. A riqueza da auga que converte a nosa terra nun tesouro.

De Cariño a S. Cristovo

Imaxe
A costa ártabra está tan colmada de fermosos recunchos que sempre atoparemos sendas, camiños, carreiros,...para percorrer e disfrutar dese océano que divisamos dende ela. Este pequeno paseo no concello de Ferrol , dende Cariño ata S.Cristovo , permítenos observar a entrada da ría de Ferrol dende a banda norte, a Punta do Segaño e Montefaro na banda sur, no concello de Ares . Os restos do pequeno castelo de S. Cristovo ( nun estado de total abandono) e o pequeno faro que está o seu carón son testigos do balbordo que este océano produce en días de temporal; así a todo hoxe móstranos a súa mellor faciana e resulta imposible non achegarse ata el. Seguimos a senda que bordea a ribeira ata preto da batería de S. Carlos e damos volta.

Paseos pola contorna

Imaxe
Seguindo coas andainas, neste mes de abril atípico no meteorolóxico, onte fixemos unha das rutas de proximidade que máis nos gustan ( Alto da Pena - A Xunqueira - Pedrós - A Areosa e volta). Despois de atravesar A Xunqueira seguimos a estrada que leva a Pedrós . Uns centos de metros máis adiante seguimos polo camiño que hai a carón das pistas deportivas. Este camiño nos levará ata A Areosa , xa no concello de Mugardos ; cando empece o asfalto saberemos que deixamos Ares e entramos en Mugardos . Fermoso paseo!

Senda costeira en Cabanas

Imaxe
A senda costeira da península de Bezoucos é un prodixio da natureza, cheo de tesouros. Unha marabilla que hai que disfrutar e protexer. Un tramo desta senda está no concello de Cabanas , dende río Castro ata a praia da Madalena . A senda está marcada, é doada e ofrece recunchos espectaculares. Podemos ver dende ela todo o interior da ría de Ares , os seus lugares máis pintorescos, disfrutar de solpores perfectos, de pequenas calas dende as que o mar nos convída a mergullarnos nas súas augas,... Seguindo a serpenteante senda pronto chegaremos á praia de Chamoso e nun dos seus extremos, con marea baixa poderemos percorrer a punta Cabalo . Baixo a sombra da arboreda seguimos a senda ata as escaleiras que baixan á praia da Madalena . Si baixamos e recorremos todo o areal, entre ida e volta, faremos unha boa andaina. Paraísos da costa de Bezoucos !