Publicacións

Chanteiro, paraíso!

Imaxe
A praia de Chanteiro , no concello de Ares , é un deses paraísos que temos en Galicia e cos que sobran as palabras. Simplemente hai que disfrutalos!

A costa de Loiba

Imaxe
A costa de Loiba , entre Ortigueira e Mañón , é un espazo natural protexido e zona de especial conservación, e tamén un lugar de referencia na xeoloxía española e mundial, xa que os materiais que a conforman orixináronse por erupcións volcánicas submarinas hai máis de 470 millóns de anos. Pero , a simple vista, o primeiro que sentimos é a impresión que causa a beleza desta costa, dos seus cantís, das prais virxes, da Ruta das algas,... De cando en vez, hai que voltar para descubrir algo novo, ou simplemente para deixarse abraiar polo entorno. Paraísos do norte de Galicia!

Sociedade de Instrución e Recreo A Devesana

Imaxe
Nos Devesos , na aba da serra da Faladoira , pertencente ao concello de Ortigueira atopamos A Devesana , escola indiana, inaugurada no 1912 coma escola laica por desexo expreso dos fundadores ( veciños emigrantes en Cuba) para facilitar o ensino na parroquia. Os indianos de Ortigueira chegaron a fundar once escolas no concello . A Devesana tivo un sistema de ensino moderno que provocou denuncias por parte do párroco da igrexa situada en fronte e das autoridades municipais, sendo pechada polo Goberno Civil nos anos 20, na Ditadura de Primo de Rivera. Abre de novo as súas portas no 1931 coa chegada da II República. No 1936 foi clausurada e ocupada polas autoridades golpistas, que usaron o edificio coma cuartel militar primeiro e despois coma cuartel da garda civil. Na planta baixa estaba a vivenda do mestre e unha sala de xuntas; na superior unha aula ben grande, unha biblioteca e o cuarto de material. No exterior, o xardín, o horto experimental e os retretes. Na actualidade é o cen...

Paseo na praia de Seselle

Imaxe
Camiñar diariamente e a bo ritmo é un dos exercicios máis saudables e aptos para todo o mundo e si o facemos pola praia din os expertos que poden aumentar os beneficios. Vivir preto dunha praia ofrécenos a oportunidade de dar estes paseos . A praia de Seselle coa súa lonxitude é magnífica para esta actividade. A min gústame facelo pola mañanciña, cando aínda o sol está baixo e na praia so estamos unhas poucas persoas: camiñantes, corredores, pescadores,... O máis importante é disfrutar do paseo, notar como desconectamos para deixar que a calma e o relax ocupen o lugar das prisas e preocupacións. Paraísos para desconectar!

Penas de Rodas

Imaxe
A poucos km. da cidade de Lugo , en Outeiro de Rei , está este conxunto megalítico de Penas de Rodas , rodeado de petróglifos, mámoas, castros, xacementos romanos, etc. Hai algunhas teorías que o vinculan a un lugar sagrado e de culto na antigüidade; outras relacionáno coa astronomía indicando que podería ser un dos primeiros calendarios solares e que os dous grandes rodos simbolizarían a Terra e o Sol; para outros non é máis ca unha formación natural, pero tan rodeada de lendas, que a convertirían nun lugar máxico. O lugar ten unha ampla área recreativa con mesas, bancos, fontes, á sombra das árbores e repartidos entre os penedos; incluso hai un gran palco para a romaría anual que celebran os veciños en verán. Un lugar tan impresionante que merece unha visita. Paraísos!

Área recreativa Muiño de Congostro

Imaxe
No país dos máis de mil ríos e milleiros de regos non é raro atopar áreas recreativas marabillosas ás beiras destes cursos de auga. A área recreativa do muiño de Congostro no concello de Aranga , está situada na confluencia do rego Cambás co río Mandeo , no Barranco da Loba en Ponte Aranga . A Asociación de veciños Santa Cruz de Aranga, no ano 2010, foi a promotora deste espazo para esparcimento e disfrute da veciñanza e visitantes, nesta fermosa localización a carón das ruinas do muiño de Congostro. Á sombra de frondosos carballos e castiñeiros, co son da auga e o canto dos paxaros, compartindo unha comida ou merenda, cunha boa lectura ou simplemente a contemplación da natureza,... temos o disfrute garantizado. Dende aquí tamén poderemos facer algunha camiñata, aproveitando as rutas que pasan por esta zona. Paraísos de Galicia norte!