Caión

Unha escapadiña a Caión semppre é unha boa idea. Esta parroquia do concello da Laracha é a súa saída ao mar. A vila está situada nunha pequena península bañada polo Atlántico na coñecida como Costa da Morte.
Recorrendo o paseo marítimo, ou a praza da vila na que están o pazo dos condes de Graxal, a igrexa do Socorro e o antigo convento de S. Agustín, percibiremos o latexar do pobo. O porto, antigamente porto baleeiro, e as súas praias, tamén son de obrigada visita. Con día solleiro é un paraíso; con temporal do Atlántico imaxino que será como estar nunha embarcación no medio do océano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle