Castro de Sta. Mariña
A ruta I, Ares-Castro de Sta. Mariña, lévanos pola costa ata a parroquia de Cervás, onde se atopaba este castro.
Situado na beiramar, moi preto da cova dos Mouros, na actualidade so hai restos dunha batería costeira que estivo ubicada no mesmo lugar.
Da cova dos Mouros, de difícil acceso, so hai lendas, non hai certezas; e así mesmo tamén hai a lenda da ermida de Sta. Mariña. Según esta, na época da invasión napoleónica, a ermida de Sta Mariña, que había no lugar do castro, derrúbase no momento en que un soldado francés pretende violar a unha rapariga que prometera ao seu mozo, na mesma ermida, morrer antes de ser doutro.
Somos un país ben rico en lendas!
Comentarios
Publicar un comentario