Figueirido
Facendo a ruta2 do concello de Ares, hai unhas vistas espectaculares da ría e moitos lugares onde facer unha parada para contemplalas.
Un deses lugares é a enseada de Figueirido, preto de punta Avarenta, en Chanteiro.
No mirador de Caíno, un rudimentario banco indícanos que é o momento de pararse a disfrutar da paisaxe e deixar que tanta fermosura nos abraie.
A ría de Ares é espectacular; en calquera recuncho dela atopamos marabillas.
Comentarios
Publicar un comentario