Miradoiro da Bailadora
No punto máis alto do noso concello, Montefaro, está o miradoiro da Bailadora. Facendo unha ruta a pé, en bicicleta ou en coche, calquera momento é bo para achegarnos ata el a contemplar as espectaculares vistas das rías de Ferrol e Ares.
Situado a carón dunha das antigas baterías costeiras, tan abundantes en Ares, que formaban parte, xunto cos castelos da Palma, S. Felipe e S. Cristobal, do sistema defensivo de Ferrol.
Comentarios
Publicar un comentario