O Caneiro- As Pontes

Esta área recreativa, a carón do Eume, está situada no concello das Pontes xa limitando con Muras. É bastante grande e ten zona equipada con mesas e barbacoas.
Hai varios motivos ornamentais, trasladados doutros lugares do concello, por mor da mina de lignito.
Por exemplo, a ponte de Illade do s. XIII. En calquera época do ano, unha visita ao Caneiro merece a pena. No verán a sombra do frondoso bosque de carballos e bidueiros e o frescor do río é un regalo; no outono a extensa alfombra de follas caídas e os cogumelos que asoman polo chan,...
Caneiro: Presa pequena que estanca o caudal dun rio, onde se poden colocar redes para pescar.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro