Paseo por Rinlo
Rinlo é unha parroquia de Ribadeo, na mariña lucense. Esta pequena vila mariñeira, a carón do Cantábrico, ten un porto de orixe medieval.
Dende o medievo ata o s.XVIII del saían expedicións para cazar baleas. A súa confraría de pescadores foi das primeiras de España e no ano 1904 tivo a primeira cetárea natural (para langosta e centola), construída preto da vila nun lugar onde o mar e as rochas forman unha piscina natural. Pouco despois empezan a funcionar outras dúas, que estiveron en activo ata principios dos noventa. Na actualidade forman a ruta das cetáreas.
Pasear polas súas estreitas e enrevesadas rúas e calexóns, observar as súas casas mariñeiras ou indianas, percorrer o seu paseo marítimo, ou disfrutar do seu famoso arroz caldoso con bogavante (con reserva en temporada media-alta), son algunhas das cousas que poderemos facer nesta fermosura de vila. Paraísos que descubrir!
Comentarios
Publicar un comentario