Praia de Ponzos
O golfo Ártabro está cheo de praias marabillosas. Unha delas é esta do concello de Ferrol.
Ponzos é unha praia virxe, de area branca e fina, ventosa e de forte oleaxe. Moi visitada por surfistas e amantes da natureza virxe, ten tamén unha zona nudista.
Moi preto están as praias de Medote e Sartaña.
Ferrolterra está chea de paraísos.
Comentarios
Publicar un comentario