Senda dos Cerqueiros
O Parque Natural das Fragas do Eume é un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados no que hai moitas rutas, sendas, monumentos, ademais da fauna e flora, que podemos descubrir.
A Senda dos Cerqueiros , no concello de Monfero, é unha delas. Ten algo máis de 6 km, pero é de pouca dificultade.
A senda é ancha e con bastante bo firme.
Hai cartelería explicativa da flora e fauna que podemos observar.
Atoparemos o mirador de Carbueira dende o cal divisamos unha parte importante do embalse do Eume . Remata a ruta por estrada, que resulta algo incómodo; sempre poderemos regresar dando a volta. Boa camiñata!
Comentarios
Publicar un comentario