Barizo
Esta parroquia do concello de Malpica de Bergantiños é outro espectacular recuncho da Costa da Morte. Mirando ás illas Sisargas e co Atlántico de frente veñen á cabeza os versos de "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio.
" e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre."
No porto de Loureiros, onde os mariñeiros e percebeiros das Sisargas gardan as embarcacións, nos camiños e estradas deste fermoso lugar, mirando a ese mar, o eco do poema me acompaña.
Lugares máxicos para descubrir!
Comentarios
Publicar un comentario