Praia de Picón

Situada en Ortigueira, ao pé dos cantís de Loiba, é unha praia ventosa, con forte oleaxe e resaca, que coa pleamar queda practicamente cuberta.
Para baixar ata ela hai unhas escaleiras de madeira, dende as que iremos apreciando distintas vistas da praia.
Esta praia está na chamada Ruta das Algas, moi preto do Banco de Loiba e da praia de Esteiro.
Para os amantes das praias virxes un paraíso e para os demais tamén un lugar que hai que visitar. Unha escapadiña a Ortigueira e arredores sempre é unha boa idea.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso