Relax
As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes nas nosas vidas, convertíndose nunha necesidade incluso para os máis pequenos e podendo chegar a ser unha adicción, e polo tanto unha ameaza para a saúde tanto física coma mental.
Ante o risco desta dependencia tecnolóxica hai que facer actividades de desconexión dixital para protexer a nosa saúde.
Unha destas actividades pode ser un paseo pola praia. O mar axuda a baixar ou eliminar o estrés. Mellora a nosa saúde mental e emocional.
O son das ondas, o chío das aves, ás veces o silencio total, o alivio visual ao observar a ribeira, ou contemplar o solpor, ... son experiencias fundamentais para a nosa saúde e polo tanto é preciso ser capaz de aprecialas e debemos compartilas cos máis pequenos da familia, para que aprendan a aprecialas e disfrutalas.
Hai que deixarse envolver pola beleza da natureza que nos rodea e disfrutar.
Comentarios
Publicar un comentario