San Xiao de Moraime
A igrexa románica de S. Xiao é un templo do s.XII que formaba parte dun antigo mosteiro benedictino, hoxe desaparecido.
A igrexa ten planta basilical de tres naves e tres ábsides. A nave central, máis alta, está dividida en cinco tramos con arcos de medio punto; as laterais teñen os arcos apuntados.
Na nave lateral sur, pola que estaba adosada ao mosteiro, hai unha porta de gran valor arquitectónico, descuberta hai unhas décadas.
O pórtico da fachada principal coas súas figuras recórdanos ao Pórtico da Groria.
A carón da igrexa está a antiga reitoral do s.XVIII, hoxe convertida en hostel.
A Costa da Morte sempre merece unha escapadiña.
Comentarios
Publicar un comentario