Arou
Agora que estamos nos días máis curtos do ano, con alerta por choiva, e no medio das festas de Nadal, apetece unha escapadiña, aínda que so sexa recordando.
Arou é unha pequena vila do concello de Camariñas, na que a Costa da Morte móstranos toda a sua beleza: o mar, as praias, as vilas mariñeiras, os montes, as xentes,...
Dende que pasei dous anos neste concello, por motivos laborais, sinto a necesidade de facer unha escapada anual a esta costa, polo menos!
Sobra calquera palabra ante tanta beleza! Bálsamo para os sentidos.
Comentarios
Publicar un comentario