Cabana de Bergantiños, Corme e Laxe.
A estas alturas de decembro, nos días máis curtos do ano, a falta de luz, o frío, a choiva,..., pode baixarnos o ánimo. Para combatir esto, recurro con frecuencia aos recordos e ás imaxes de momentos do verán.
Por exemplo, esta escapadiña á Costa da Morte, polas terras de Cabana de Bergantiños, Corme e Laxe.
Empezamos en Corme para achegarnos ata o Roncudo. Seguimos por Cabana de Bergantiños ata Laxe .Pasamos pola praia dos cristais e imos ata o seu faro. Logo continuamos para rematar na paradisíaca praia de Soesto.
O coche, algo de comer nas mochilas e pouco máis para disfrutar desta viaxe e mergullarnos na beleza desta costa.
"Galicia é o que vemos;
a terra, o mar, o vento...
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!"
Os versos de Manuel María que nos falan dese sentir a Terra, desa comunión coa paisaxe, a xente,...
Bos recordos para un día gris que xa non o é tanto.
Comentarios
Publicar un comentario