Miradoiro do Paraño
Valdoviño é un concello cheo de lugares dunha fermosura incrible. O espazo natural da Frouxeira, coa lagoa de gran valor ecolóxico e o areal de máis de 3km., son un bo exemplo. Para ter unha boa perspectiva deste espazo temos que subir, pola estrada da costa que leva a Pantín, ao miradoiro do Paraño.
Dende este miradoiro a lagoa e o areal móstranse en todo o seu esplendor. Ao fondo a punta Frouxeira co moderno faro de Meirás, as siluetas do monte Campelo e de cabo Prior e o Atlántico inmenso coa abraiante beleza.
Seguindo a estrada ata Pantín acaberemos embriagados de vistas espectaculares.
Temos unha terra marabillosa que estamos obrigados a preservar!
Comentarios
Publicar un comentario