O Salto- Cabanas

Moi preto, no concello de Cabanas, na parroquia de Sta. Cruz do Salto temos estes miradoiros naturais para otear eses espléndidos horizontes do Golfo Ártabro. As imaxes valen máis ca mil palabras! Aquí tamén atopamos vestixios arqueolóxicos de hai milleiros de anos. Restos castrexos no monte O Castro e o menhir O Salto que dá nome á parroquia. Esta pedrafita tiña propiedades curativas contra o Meigallo e o Mal de ollo, tanto en persoas coma en animais.
No mesmo concello hai as necrópolis megalíticas do Monte dos Golpes e Monte Punxeiro. No roteiro Terras Altas do concello poderemos descubrir un amplo abano destes vestixios entre outras marabillas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle