Castelo do Castrodouro

Fortaleza medieval situada na parroquia de Castro de Ouro no concello de Alfoz, que domina o val que rega o río Ouro.
Edificado sobre un antigo castro romanizado do s.I, no s.IX unha familia noble de Castela funda un mosteiro que no s.XV pasa ao patrimonio do Mariscal Pardo de Cela como parte da dote da súa muller Isabel de Castro. Posteriormente se fortifica e militariza. Da antiga fortaleza gótica consérvanse a Torre de Homenaxe, a capela, hoxe igrexa parroquial de S. Salvador, restos dos muros e partes do foxo e contrafoxo.
Despois da morte do Mariscal pasa a ser residencia episcopal ata o s.XVII. Na actualidade é punto de información turística do concello, sala de exposicións e sala museo do Mariscal. Alfoz está cheo de tesouros.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro