Fervenza do Xestosa

Despois de tanta choiva os ríos van tan medrados que os milleiros de fervenzas que hai en Galicia están espectaculares. O río da Xestosa ou da Xanceda cando deixa o concello de Muras e entra no de Ourol, atravesa unha zona rochosa e con desniveis, provocando varias fervenzas.
A máis grande, ten unha altura duns 20m. e agora loce en todo o seu esplendor. Ao estar situada a poucos metros da estrada Muras-Viveiro, resulta moi doado acceder a ela. Pouco despois o río Xestosa desembocará no Landro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso