Fervenza de Morixoso

A fervenza do rego Morixoso está no lugar de A Lamela, parroquia de S. Pedro de Eume no concello de As Pontes. O rego que baixa de Fortandión, ten que salvar un gran desnivel nas rochas graníticas da que foi unha canteira da construción do encoro do Eume, orixinando esta fervenza para baixar logo polas paredes do canón do río. Está polo tanto en plenas Fragas, nos límites entre A Capela e As Pontes e o entorno ofrece vistas espectaculares. A canteira é unha zona de escalada con varios sectores e posiblemente encontraremos afeccionados a este deporte practicando.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro