Shinrin-yoku
En Xapón é común unha práctica chamada Shinrin-yoku, que trata de "absorber a atmosfera do bosque" a traves dos cinco sentidos para aproveitar os seus efectos positivos.
As camiñatas polo campo, a praia, o bosque, e en xeral os entornos naturais, adoitan xerar unha sensación de benestar tanto físico coma mental.
Pasear pola natureza é gañar tranquilidade e saúde. Contemplar árbores, nubes, unha posta de sol, os novos brotes das plantas,... supón reducir os efectos nocivos da vida actual.
Ademais do pracer de observar a natureza, respirar aire puro, etc., camiñar unha hora diaria axuda a obter un mellor descanso, reduce o azucre en sangue, mellora a capacidade pulmonar, reforza as defensas, favorece a osixenación celular, relaxa o sistema nervioso,...Todo beneficios!
Esta pequena camiñata de 5Km. dende o Alto da Pena, pasando por Vilar, o Lodairo e Seselle pode valer como exemplo diso que os xaponeses chaman "shinrin- yoku", outros chaman "baños de bosque" e nós dicimos simplemente camiñar na natureza.
Comentarios
Publicar un comentario