Muiño de Vilariño-A Capela
O pequeno muiño do rego de Vilariño, no concello da Capela, é un deses pequenos recunchos da nosa terra que conserva a maxia de Galicia. Ao seu carón sentimos o pasado, máis preto, as raíces dos devanceiros, máis fortes, o latexar da terra, máis vivo. Aínda que en estado ruinoso, a fermosura do entorno faino máxico. A fervenza convídanos a pasar un tempo ao seu carón e limitarnos a observar e escoitar o murmurio da natureza.
Este rego desemboca, un pouco máis abaixo, no rego de Teixido, que á súa vez, desemboca no Eume.
En Teixido pódese facer a ruta do Mirador, ou un pouco máis abaixo, facer a ruta da baixada á antiga central da Ventureira.
Varias alternativas dende este lugar para disfrutar da natureza. Paraísos.
Comentarios
Publicar un comentario