Muiño do Redondo
Na parroquia de Magalofes, no concello de Fene, atópase este pequeno muiño do Redondo a carón dun pequeno souto que marca o paso das estacións coa súa beleza.
A configuración hidrográfica deste concello propiciou que no s.XVIII funcionasen máis de 50 muiños na contorna.
Este é un dos mellores exemplos destes pequenos muiños; restaurado entre 1996 e 1998, está en bo estado e o seu entorno natural ofrécenos unha mostra de especies autóctonas interesantes: castiñeiros, biouteiros, queiroga, árbores de ribeira, etc.
Agora, a comezo da primavera, os castiñeiros aínda sen follas, mostran todo o seu porte e convidan a visitalos no verán ou no outono, cando deben estar soberbios en todo o seu esplendor.
Comentarios
Publicar un comentario