Teixido

Na Galicicia rural, pola dispersión da poboación, abondan os pequenos rueiros de menos de media ducia de casas, illados no medio dun monte ou dun val. Un deses lugares, de impactante beleza, é Teixido, pequeno núcleo do concello de A Capela, a carón das Fragas do Eume. Rodeado de montes pétreos que parecen protexelo e ao ladiño do rego de Vilariño que baixa buscando o Eume, atópase este fermoso rueiro que sempre que o vexo evócame a novela de Thomas Hardy, "Lonxe do mundanal ruido".
Aquí está unha das entradas á Ruta circular do Miradoiro do Eume ou de Teixido; un pouco afastada está a ruta da baixada á vella central da Ventureira e tamén moi preto podemos ver o muiño e a pequena fervenza de Vilariño.
Paraísos que descubrir!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar