Eirís- Cabanas

O lugar de Eirís, en Cabanas é un fermoso balcón sobre o Eume, xa na desembocadura, onde as mareas fan variar o nivel do río. Colgadas da aba do monte, as casas semellan elementos dunha maqueta que unha man caprichosa colocou para vixiar este tramo do río. Dende aquí podemos facer unha ruta río arriba polas fragas ou simplemente pararnos, no medio do lugar, e contemplar a fermosura da paisaxe que temos ante nós.
Nestes momentos, nos que media España sufre unha seca que ameaza poboacións enteiras, contemplar este verdor e o caudal dos nosos ríos resulta balsámico. Vivimos no paraíso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso