Fervenza de Bermui ou das Painceiras

Na parroquia de Bermui, no concello de As Pontes, atópase esta fermosa fervenza de algo máis de 10m de altura, no rego das Foxas, que aínda que é de curto recorrido ten que salvar un desnivel de máis de 100m para chegar ao Eume. Coñecida tamén coma fervenza das Painceiras (painceira- terreo plantado de paínzo ou millo miúdo), lémbranos o que hai séculos era un cereal moi cultivado en Galicia e que pouco a pouco foi desplazado polo millo. Por certo, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 2023 Ano Internacional do Paínzo, polos beneficios que o seu cultivo pode representar en países con condicións climáticas adversas e escasa dispoñobilidade de auga. É un cereal moi cultivado no mundo e o máis importante de Asia.
Esta fervenza está a carón de dous muiños, lamentablemente en estado de abandono, e bótase en falta unha boa sinalización nesta parroquia pontesa para dar con ela. A fermosura do lugar, nunha das espectaculares fragas de ribeira que o Eume ten ao longo do seu percorrido, ben merece máis atención polo concello. Paraísos moi preto da casa!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro