Senda da fervenza de Bermui

Despois de ver a fervenza de Bermui, decidimos baixar ata o Eume para ver onde o rego das Foxas chega ata el. Eleximos o camiño vello que vai dende a fervenza. É unha senda estreita, empinada, pero moi transitada e fermosa, que baixa pola fraga e que nos achega enseguida ao río. O Eume esta primavera loce esplendoroso e a fraga sobrecolle con tanta beleza.
Despois duns centos de metros pola beira do río chégase a unha pequena pontella sobre o rego das Foxas. O son indíca a proximidade da fervenza, pero a mesta vexetación impide vela dende abaixo. (Chamounos moito a atención o transitado que se ve o camiño.)
O regreso facémolo pola pista forestal e pensamos voltar ben pronto porque este percorrido encantounos. Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro