Cetáreas de Sarridal
As Cetáreas do Sarridal en Cedeira, son un exemplo magnífico da recuperación dun espazo de gran valor etnográfico e paisaxístico. Son mudas testemuñas da importancia da pesca e o marisqueo na ría de Cedeira.
Eran os viveiros nos que se gardaban e engordaban as capturas de marisco, sobre todo langosta, para a súa posterior venta.
Dende o aparcadoiro do Castelo da Concepción vaise ata a cala de Sonreiras e un sendeiro nas pedras condúcenos ata elas. Alí atoparemos paneis informativos que explican a importancia das mesmas.
Moi recomendable!
Comentarios
Publicar un comentario