Na Barrosa, o mar coma un prato

Xa di o refrán que antes da tormenta vén a calma. A borrasca Óscar causando estragos no país e en Ares, onte ás cinco do serán, esta era a calma que había na ría: o mar tranquilo coma un prato víase así dende A Barrosa! Achegarse ata esta cala para admirar a ría, otear o horizonte, observar os movementos dun mergullador saíndo do mar ou das gaivotas, notar a airexa que refresca a calor abafante destes días,notar o aroma das madreselvas no cantil... todo un luxo!
Vivimos no Paraíso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso