S. Pedro de Labrada

A parroquia de S. Pedro de Labrada, no concello de Abadín, coma outras terras do bispado mindoniense, vencéllase á chegada dos bretóns nos séculos V e VI coma data a sinatura do bispo británico Mailoc no II Concilio de Braga no 572.
A igrexa de S. Pedro de Labrada, que dá nome á parroquia, está na aldea de Barral e data de finais do s. XII, cando o bispo de Mondoñedo fundou a parroquia, pero, coma en tantas igrexas galegas, conserva poucos elementos románicos. Os muros laterais mostran as partes máis antigas desta igrexa. O que si chama poderosamente a atención é o adro, espacioso e coidado, que permite observala a distancia dende todos os ángulos. Noutros casos, moi abundantes por desgracia, atopamos xoias arquitectónicas totalmente ocultas ou constreñidas por cemiterios construidos arredor das igrexas, que impiden practicamente apreciar a beleza dos edificios.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Miradoiro de Augas Caídas

Dende o parque do Petelo

A Redes por mar