Castelo da Palma- O Segaño

A camiñata dende o Castelo da Palma ata a O Segaño nunha fermosa tarde de xaneiro é un agasallo para o ánimo. En pouco máis dunha hora fixemos o camiño de ida e volta. A placidez da ría de Ferrol neste solleiro e fresco serán era perfecta. Os castelos de S. Felipe e A Palma lucían ben fermosos coa luz do sol invernal. Sorprendeunos gratamente ver a pequena fervenza do Cabalo, limpa de maleza e sinalada. Nunca a viramos, so escoitabamos a súa auga baixando o monte.
Puro relax para os sentidos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro